Sunday 28 de April de 2024

Un grupo de 26 veciñas e veciños de Frades percorren os 14 km da quinta etapa do Camiño Portugués entre Teis e Redondela


Un grupo de 26 veciñas e veciños de Frades percorreron esta fin de semana a quinta etapa do Camiño Portugués: catorce quilómetros de dificultade baixa entre as localidades de Teis e Redondela. Unha iniciativa na que destaca a participación feminina, que supera aos homes nunha porcentaxe por riba do 1 home por cada 5 mulleres.

 

A próxima etapa, entre Redondela e Pontevedra, terá lugar o sábado 24 de febreiro. A expedición sairá en autobús ata Redondela ás 8:30 horas da casa consistorial. As persoas participantes afrontarán un total de 19 quilómetros, de dificultade media. O prezo mantense ao igual co ano pasado: 10 euros por persoa. As inscricións deberán formalizarse no Concello de Frades ou chamando ao 981 695 567.

 

Estas etapas forman parte dunha iniciativa iniciada no ano 2017 polo Concello de Frades e que permitiu que a veciñanza percorrera xa o tramo galego do Camiño Francés, o Camiño a Fisterra, o tramo Fisterra-Muxía, a Vía da Prata e o Camiño Inglés. Este ano 2023 comezouse co Camiño Portugués.